O Club Clásicos e Populares Val Miñor celebra o seu 15º aniversario

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // XI Concentración de vehículos clásicos do Val Miñor.

Este ano cúmprese o 15º aniversario da fundación do Club Clásicos e Populares Val Miñor, e celébrao o vindeiro domingo 13 de maio coa XII edición da súa tradicional concentración de coches clásicos e unha viaxe á Illa de Ons.

O programa comezará ás 9:00 da mañá, hora na que se concentrarán os vehículos diante do Concello de Gondomar e onde os participantes recibirán unha bolsa de cortesía, os números para os coches e un ticket para tomar café e refrescos.

Ás 10:00 en punto sairán dirección Vincios ata A Pasaxe, onde lles esperará a Policía Local de Vigo, que os levará ata a zona portuaria da cidade pasando polo centro. Ao chegar, aparcarán no porto para a continuación coller o barco. Durante a travesía gozarán dun aperitivo e un guía.

Ás 14:00 horas comezará o xantar no Restaurante Casa Acuña na illa, para ás 18:00 horas saír de regreso a Vigo. Na illa dispoñerán de guías para o que queira facer algunha ruta.

As inscricións poden facerse ata o 8 de maio no teléfono 688 841 410 ou a través do correo electrónico clubclasicosvalminor@gmail.com.

Anuncios