Iván Roade queda a un segundo da vitoria na 15K Nocturna de Ourense

Iván Roade no segundo posto do podio da 15K Nocturna de Ourense.

Tras o dobre triunfo conseguido o pasado fin de semana na SantYago10K e a Carreira Pedestre Popular do Pino, Iván Roade quedou este sábado a un segundo da vitoria na terceira edición da 15K Nocturna de Ourense, organizada por Qualité Sport Events en colaboración con AD Top Ten Sport.

O atleta nigranés do Bikila completou o circuíto con saída no Parque Ribeira do Canedo e chegada xusto enfronte, no centro comercial A Ponte Vella, en 49:58, un segundo máis que o empregado polo gañador, Alejandro Fernández, do Club Ourense Atletismo. Máis separado cruzou a meta o terceiro clasificado, Jose Ramón Sánchez, cun tempo de 52:10.

Foron case 300 atletas os que finalizaron a proba, nunha xornada marcada pola calor que se viviu na cidade das burgas.

Anuncios