Sin categoría

Música e baile para celebrar o Día da Nai en Vincios

A Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios celebra este domingo 6 de maio o Día da Nai. Contarán coas actuacións da ROCKestra Proval e o grupo de danza moderna “LDanzia” da Asociación Veciñal e Cultural Santa Eulalia de Donas e a Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios. Ademais, unha das nais máis vellas da parroquia recibirá un agasallo. Será a partir das 17:00 horas no Centro Cultural da parroquia.