Anuncios
Ticker de novas

Baiona recupera unha fonte no Barrio da Anunciada

O Concello de Baiona levou a cabo obras de recuperación nunha tradicional fonte no barrio da Anunciada que levaba tempo sen funcionar, que se atopa situada no inicio da subida de acceso a este popular barrio baionés, e paso habitual dos veciños da zona. Os traballos consistiron na reparación e o pintado do muro sobre o que se sustenta o manancial. Ademais, colocouse unha pequena varanda no acceso á mesma.

Esta fonte está situada nun dos antigos depósitos de auga municipais, que era onde se acumulaba a auga que logo era utilizada polos veciños cando o Concello encargábase da subministración. Un recurso que foi utilizado para dar abasto á poboación do lugar antes de que se encargara da xestión da auga unha empresa externa.

Anuncios