
O pasado sábado celebrouse a terceira xornada da liga galega de xadrez con tres derrotas e unha vitoria para o club de xadrez Laroca. Na División de Honra o Laroca A non conseguiu puntuar no seu desprazamento a Ourense ante o líder da categoría, o xadrez Ourense A. Este sábado os miñoráns xogarán na casa ante o equipo da universidade de Santiago de Compostela.
Na segunda división derrotas dos dous representantes por 1-3 ante o Mos D e o xadrez Altamira. Con estes resultados os miñoráns baixan ao segundo e terceiro posto da clasificación. A vindeira xornada o Laroca B desprázase a Mos para enfrontarse ao xadrez Mos D, e o Laroca C desprázase á Guarda para enfrontarse ao Albatros B.
Na terceira división o Laroca D conseguiu a única vitoria para o club. Gañou no seu desprazamento a Ponteareas por 0,5-3,5 ante o Xadrez Ponteareas-Tapería A Nosa Terra. Con este resultado os laroqueiros seguen encabezando a clasificación. A próxima semana os miñoráns descansan.