A Asociación de Veciños A Unión de San Pedro da Ramallosa organiza unha viaxe a Roma

A Asociación de Veciños A Unión de San Pedro da Ramallosa organiza unha viaxe a Roma de 5 días para o próximo mes de outubro. O prezo é de 695 euros para un máximo de 23 persoas. Inclúe traslados ao aeroporto ida e volta, voo en avión directo, hotel céntrico en cuarto dobre, pensión completa todos os días da viaxe, todas as entradas das visitas do programa, o transporte en Roma, o servizo de guía-acompañante e o seguro de asistencia en viaxe. As reservas poden realizarse no teléfono 698 171 843.