Sin categoría

Castro e Ladeira pide máis sinalización no Camiño de Santiago en Sabarís

Tras as queixas dos veciños desta situación, na que os peregrinos que pasan polo Camiño de Santiago pola parroquia de Sabarís, en determinados puntos pregúntanlle aos veciños a súa ruta xa que non o teñen claro.

“Este sábado aproveitando o novo proxecto que levamos a cabo dende a asociación, Encamíñate con Castro e Ladeira, realizamos o tramo do Camiño de Santiago que discorre pola nosa parroquia, coa iniciativa de colocar unhas pegatinas ca frecha do camiño para orientar mellor aos peregrinos. Lamentamos que, este camiño que comezou a promocionarse no ano 2011 teña que pasar tantos anos para arranxalo”, sinala Martín Otero.

“Existen tramos mal sinalizados, queremos que o Concello o revise cada certo tempo, unha vez que estea como corresponde”, conclúe o presidente da asociación.