A cooperativa do Cova Terreña converte en xoias cristais e cunchas das praias

O alumnado de 6º de Primaria do CPI de Cova Terreña de Baiona que está desenvolvendo o proxecto “Depoemprende na Escola”, da Deputación de Pontevedra, participou este luns no último obradoiro de xoeiría impartido polo director da Escola de Xoiería Atlántico, Carlos Pereira, e algúns dos seus estudantes. Os 19 alumnos e alumnas que conforman a cooperativa “Aloumiños de papel” aprenderon a elaborar colgantes utilizando cristais erosionados recollidos nas praias da vila. Tamén crearon outros con cunchas. Todos os seus produtos artesáns (pulseiras, marcapáxinas, libretas, etc.) estarán á venda no Real Mercado Medieval da Festa da Arribada, no posto que lles concedeu o Concello, e que estará situado na Praza do Pai Fernando. O 60% dos beneficios serán para dúas ONGs, a protectora de animais Bai.Senpulgas e Ayuda al Mundo Necesitado de Baiona, a partes iguais. O 40% restante utilizarano para unha actividade conxunta de fin de curso.

Anuncios