O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Educación, celebra o luns 23 de abril o Día Internacional do Libro iniciando o ciclo de Escola de Pais e Nais coa charla “As emocións nos nosos fillos pequenos”, impartida por Óscar Carreño Miniño, psicólogo da Mancomunidade do Val Miñor, na sala de formación da Biblioteca Municipal ás 18:00 horas.
Para os máis peques, á mesma hora, organízase un contacontos e obradoiro a cargo de Xanotas e Leirotas Contacontos na Biblioteca Municipal. A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 10 anos. As prazas son limitadas polo que é necesario inscrición previa na biblioteca ou enviando un correo electrónico a biblioteca@concellodegondomar.com antes dos luns 23 ás 14:30 horas.
Ademais comezará a actividade na rúa dirixida a todos os públicos, “O Libro en Movemento”, para celebrar o Día do Libro. O luns desvelarase máis informacións nas redes sociais do Concello.

