
O ANPA Alborés do CEIP Humberto Juanes de Nigrán organiza este venres 20 de abril a primeira Festa de Primavera. Ademais da presentación do novo logo do ANPA, haberá un concerto de Peter Punk, espectáculo de malabares con lume con Asakocirco, e bar con perritos quentes e refresco por 3 euros. A xornada comezará ás 19:00 horas e prolongarase ata as 23:00 horas. Os nenos e nenas deben levar unha lanterna ou calquera accesorio con luces que teñan.