Anuncios
Ticker de novas

As Parroquias de Vincios, Camos e Chandebrito organizan unha peregrinación a Lourdes

As Parroquias Santa Mariña de Vincios, Santa Eulalia de Camos e San José de Chandebrito organizan unha peregrinación a Lourdes de 5 días, do 16 ao 20 de maio. O prezo por persoa en cuarto dobre é de 325 euros (suplemento por cuarto individual de 100 euros). Os interesados poden anotarse na Parroquia ou chamando ao teléfono 699 359 313.

Día 1, mércores 16 de maio, Vincios-Valladolid-Nuévalos
Saída pola mañá á hora e desde os lugares acordados. Xantar en restaurante en ruta. Chegada ao hotel en Nuévalos, ás portas do Mosteiro de Pedra. Distribución de habitacións. Cea e aloxamento no hotel.

Día 2, xoves 17 de maio, Mosteiro de Pedra-Lourdes
Almorzo. Traslado ao Mosteiro de Pedra. Entrada e visita. Xantar no hotel ás 13:00 horas. Sobre as 15:00 horas saída cara a Lourdes. Chegada. Distribución de habitacións. Cea e aloxamento.

Día 3, venres 18 de maio, Lourdes
Estancia en pensión completa. Día libre para coñecer O Santuario, Basílica e Gruta das Aparicións. Pola noite asistencia á Procesión dos Fachos.

Día 4, sábado 19 de maio, Lourdes-San Sebastián-Noreña
Almorzo. Saída cara a San Sebastián. Chegada e visita panorámica de 2 horas e media con guía local. Xantar en restaurante. Finalizado o xantar saída cara a Noreña. Chegada ao hotel. Distribución de habitacións. Cea e aloxamento no hotel.

Día 5, domingo 20 de maio, Noreña-Covadonga-Vincios
Almorzo no hotel e traslado ao Parque Nacional de Covadonga para visita da súa Basílica, Gruta da Virxe e Lagos. Finalizada a visita xanto en Cangas de Onís. Finalizada a comida regreso ao lugar de saída en Vincios, realizando na ruta as paradas necesarias. Chegada. Fin da viaxe.

Anuncios