Anuncios
Ticker de novas

Tres ouros, dúas pratas e un bronce para o CPA Gondomar no Trofeo Xunta

Realizados hai algo máis dun mes os programas curtos da modalidade libre para os patinadores e patinadoras de 1ª Categoría, este sábado foi a quenda do programa longo no Trofeo Xunta, que se desenvolveu en Ordes e Gondomar cunha participación de 123 deportistas.

O Pavillón de Donas, baixo a organización do CPA Gondomar, acolleu aos 47 inscritos dos clubs de Pontevedra co inicio da competición ás 11:00 e as 13:30. Pola tarde, o horario foi de 17:00 a 20:15.

Os patinadores e patinadoras do CPA Gondomar conseguiron tres medallas de ouro, dúas de prata e unha de bronce. Joel Ribeiro e Sara Ferreira foron primeiros en Alevín. Nesta mesma categoría, Lola Álvarez foi segunda e Ainhoa Vidal terceira. Sofía Costas foi a primeira clasificada en Infantil e Andrea Rodríguez a segunda en Júnior.

Anuncios