Anuncios
Ticker de novas

Unha vitoria, dous empates e dúas derrotas para o Laroca na oitava xornada de liga

Unha vez rematados os campionatos galegos de xadrez, o pasado fin de sema celebrouse a oitava xornada da liga galega de xadrez. Na primeira división o equipo do Laroca impúxose o xadrez Bueu A por 3-1 grazas as táboas de Mireya e Artai e as vitorias de Sergio y Fran. Con esta vitoria os laroqueiros sitúanse na terceira praza da clasificación, e este fin de semana enfrontaranse na sede de Cotros ao equipo do Xadrez Ourense B.

Na segunda división o equipo do Laroca B conseguiu un valioso empate a dous puntos no seu desprazamento a Mos ante o Club Xadrez Mos B, grazas aos puntos de Dani e Rafa. Con este resultado sitúanse con 11 puntos na novena posición da táboa e fóra dos postos de descenso. Este sábado tamén na sede de Cotros enfrontaranse ao Villa de Bouzas B, mentes que o equipo do Laroca C votou en falta ao seu primeiro taboleiro Artai Bringas no seu desprazamento á Guarda, perdendo por 3,5-0,5, con táboas de Lino. Con este resultado perden a segunda praza situándose terceiros con 22,5 puntos. Este fin de semana desprazaranse a Mos para enfrontarse ao Club Xadrez Mos A.

Na terceira división o equipo do Laroca Mallón perdeu contra o líder, o Xadrez Tui, por 1-3, punto conseguido por Mauro. Con este resultado sitúanse no oitavo posto con 11,5 puntos. Este fin de semana desprazaranse ao Condado para enfrontarse ao equipo do Xadrez Ponteareas para rematar a liga, mentres que o Laroca IES Auga da Laxe empatou a 2-2 ante o equipo do Xadrez Ponteareas con vitorias de Laura e José Manuel. Con este resultado sitúanse na sexta posición con 14 puntos. Este fin de semana enfrontaranse en Cotros ao equipo do Xadrez Albatros C para tamén rematar a liga.

Anuncios