Anuncios
Ticker de novas

Nuno Costa e Sandra Mosquera gañan a XIX edición do Medio Maratón Vig-Bay

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Nuno Costa cruzando a meta da Vig-Bay.

Nuno Costa revalidou este domingo o seu título de campión absoluto no XIX Medio Maratón Vig-Bay. Ás 10:30 horas, os máis de 5.000 atletas participantes partían desde a Avenida de Samil para completar os 21.097,5 metros de percorrido por Vigo, Nigrán e Baiona. O portugués fíxoo en 1:09:28, a só 5 segundos de Alejandro Fernández Rivera, que cruzou a meta en segunda posición. O terceiro lugar foi para o nigranés Iván Roade, cun tempo de 1:09:38.

En categoría feminina, a primeira atleta en cruzar a meta situada na Rúa Elduayen foi Sandra Mosquera Losada, que completou o percorrido en 1:09:03. 56 segundos despois chegaba Alice Finot, e pechando o podio, Paula Mayobre González, cun tempo de 1:20:43.

En triciclo, handbike e joelette, a vitoria foi para Iván Manoel Montero Ferreiro (49:59). Chema Díaz Chao (49:59) ocupou a segunda posición e Álvaro González Pérez (50:00) a terceira.

A idea inicial deste medio maratón xurdiu como o soño persoal dun coñecido empresario e corredor popular vigués, que nos seus adestramentos adoitaba facer o percorrido pola costa; un percorrido con marcadas connotacións turísticas, paisaxísticas e sociais, nunha área que concentra a máis de trescentos mil habitantes que diariamente se desprazan entre os distintos núcleos urbanos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Anuncios