Anuncios
Ticker de novas

Gondomar xa ten lista a guía de turismo e un vídeo promocional

A Concellería de Comercio e Turismo de Gondomar xa ten lista a guía de turismo, na que se detallan 30 rutas de sendeirismo que percorren o patrimonio cultural, arqueolóxico, etnográfico ou natural do Concello. Esta acción, incluída no Plan Concellos do 2017, e que contou cunha subvención de 16.396,76€, sitúa ao Concello de Gondomar na vangarda peninsular de roteiros, tanto pola cantidade, como pola documentación e información que se achega en cada unha. Todas estas rutas están sendo integradas na aplicación da Concellería de Turismo, que está levantando a curiosidade de persoas de latitudes moi dispares do mundo.

Tamén encadrada no Plan Concellos está incluída a partida de 2.178€, dedicada á confección dun vídeo promocional de Gondomar, no que as imaxes, e as accións dos elementos que singularizan e ravalorizan o Concello toman vida para ser exportadas ao exterior, co fin de atraer novos visitantes.

5.000 exemplares da guía de turismo en formato despregable que recollía, localizaba e documentaba case 100 elementos de interese turístico; as subvencións ás xeiras “coñece o teu concello” da man de expertos historiadores locais; as lonas e os secamáns instalados na Praza de Abastos; os folletos e a pancarta para a campaña das “Tapas do Conde” e os logos para as Concellerías de Turismo e Comercio, completan a relación de actividades feitas e que contaron coa imprescindible colaboración do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.

Anuncios
error: Contido protexido