
A parroquia gondomareña de Vincios celebra esta fin de semana as festas na honra de Santa Mariña. A programación arrancará o venres 15 de xullo coa Festa do Motor a partir das 21:30 horas. Durante a celebración da festa, que estará amenizada por DJ América, haberá gran churrascada.
O sábado día 16 ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Solemne na honra da Virxe do Carme, seguida de procesión acompañada polo Grupo de Gaitas Aires de Santes e o Grupo de Baile Froles do Galiñeiro, Pandereteiras Froleada. A continuación, o Coro Cantares do Brión ofrecerá un concerto. A partir das 17:30 horas terán lugar as grandes “poxas”, e pola noite, a verbena estará amenizada pola orquestra Costa Dorada e os DJ’s Sombrero e Ganxx.
O domingo 17 de xullo ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Solemne, seguida de procesión acompañada pola Banda de Música Agrupación Musical de Vincios, que ofrecerá un concerto a continuación. Pola noite, a verbena estará amenizada pola orquestra Los Players e o Trío Azar.
O luns día 18 comezará coa actuación da charanga Va K Pinta. Ás 12:00 do mediodía celebrarase a Santa Misa por todos os defuntos da parroquia, e a continuación, a charanga ofrecerá un concerto. Ás 17:00 horas terán lugar as tradicionais cucañas para todas as idades, e pola noite, as orquestras Capitol e Miramar amenizarán a verbena fin de festa.