O Coruxo vence na categoría prebenxamín do VIII Torneo de Fútbol 8 de Baiona

FOTO: ERIZANA // Coruxo.

Este xoves finalizou o VIII Torneo de Fútbol 8 de Baiona coa categoría prebenxamín, despois de catro días nos que tamén participaron as categorías chupete, alevín e benxamín.

Nesta última xornada, na que uns 150 nenos de 14 equipos disputaron un total de 34 partidos, o Coruxo proclamouse campión tras vencer na final ao Val Miñor. O terceiro clasificado foi o Ribera e o cuarto o Sárdoma. Tamén recibiu trofeo o mellor xogador, Lucas, do Coruxo.

Na primeira xornada gañou o Sporting Guardés na categoría chupete, e na segunda, celebrada o martes, os vencedores foron os alevíns do Lugo. O mércores, o campión da categoría benxamín foi o Vila do Corpus.

O VIII Torneo de Fútbol 8 de Baiona, organizado polo Erizana, congregou nesta edición a preto de 1.000 nenos de entre 4 e 14 anos de toda Galicia, repartidos en 73 equipos. Durante catro días, nos campos do Aral e Val de Martín, nenos dunha trintena de clubs compartiron deporte, experiencias e aprendizaxe.