O portavoz do partido independente Unión Centrista de Nigrán (UCN), Antonio Fernández Comesaña, felicítase que por primeira vez o Concello de Nigrán conte cun “Calendario Fiscal do Contribuínte” para o presente exercicio de 2018, que a proposta de UCN aprobouse por unanimidade no pleno do pasado mes de outubro, publicándose no Boletín Oficial de Provincia (BOP) número 248, de data 29/12/2017, dando resposta así á necesidade que ten o contribuínte de ser informado no exercicio do cumprimento das súas obrigacións fiscais, tal e como recolle a Lei Xeral Tributaria 58/2003, do 17 de decembro, no seu artigo 34.1.a.
UCN lembra que “a pesar de tratarse dunha obrigación que ten a Administración de informar os contribuíntes e coa debida antelación das datas de pago establecidas para cumprir coas súas obrigacións fiscais no pago das Taxas e Impostos municipais, así como homoxenizar os prazos e períodos de pago, non se estaba cumprindo -talvez por unha preguiza política e administrativa desde todo punto de vista intolerable-, e que poñerá fin á anarquía producida nos últimos anos na xestión recadatoria municipal, aplicando cada ano períodos de cobro distintos que xeraba un caos e desconcerto entre os cidadáns, especialmente aqueles que non teñen domiciliado o pago dos seus impostos, e que na maioría dos casos non reciben o aviso de pago en período voluntario, pero curiosamente se lles chega despois coa correspondente recarga de présa”.
“CALENDARIO FISCAL DO CONTRIBUÍNTE 2018”
| TRIBUTO: | PERIODO COBRO VOLUNTARIO: | FECHA CARGO DOMICILIADOS: |
| Imposto Vehículos. | abril-maio | 10/05/18 |
| Taxa lixo | xulio-agosto | 10/08/18 |
| Taxa carruaxes | setembro-outubro | 10/10/18 |
| IAE | outubro-novembro | 10/11/18 |
| Auga/sumidoiros | ||
| 1-trimestre | abril-maio | 10/05/18 |
| 2-trimestre | xulio-agosto | 10/08/18 |
| 3-trimestre | outubro-novembro | 10/11/18 |
| 4-trimestre | xaneiro-febreiro | 10/02/19 |
Fernández Comesaña advirte que tamén se poñerá coto ao cobro ilegal dos recibos de auga e rede de sumidoiros, efectuados pola concesionaria do servizo Aqualia, que viña cargando no banco automaticamente e incumprindo o prazo establecido de dous meses para o pago dos recibos en período voluntario, fixado no Regulamento Xeral de Recadación, “incomprensiblemente contando coa complicidade do propio Concello”, conclúe en portavoz independente.

