O Vila do Corpus, campión do VIII Torneo de Fútbol 8 de Baiona en categoría benxamín

FOTO: ERIZANA // Vila do Corpus.

Este mércores continuou o VIII Torneo de Fútbol 8 de Baiona, que se desenvolve desde o pasado luns nos campos de fútbol do Aral e Val de Martín. Na primeira xornada gañou o Sporting Guardés na categoría chupete, e na segunda, celebrada o martes, os vencedores foron os alevíns do Lugo.

Nesta terceira xornada, na que participaron uns 250 nenos en 20 equipos que disputaron un total de 40 partidos, o campión foi o Vila do Corpus, tras derrotar ao Celta na final. O Val Miñor foi o terceiro clasificado e o Mos ocupou o cuarto posto. O trofeo ao mellor porteiro foi para Junior do Vila do Corpus, e o de mellor xogador recaeu en Pedro do Celta.

O VIII Torneo de Fútbol 8 de Baiona, organizado polo Erizana, congrega nesta edición a preto de 1.000 nenos de entre 4 e 14 anos de toda Galicia, repartidos en 73 equipos. Durante catro días, nos campos do Aral e Val de Martín, nenos dunha trintena de clubs comparten deporte, experiencias e aprendizaxe.

O VIII Torneo de Fútbol 8 de Baiona concluirá este xoves coa categoría prebenxamín.