O campo de San Pedro acolle unha nova edición do Torneo RacVil Homenaxe a Poli

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Poli Vilar na entrega de trofeos do Torneo.

O Racing Vilariño organiza o venres 30 e o sábado 31 de marzo o Torneo RacVil Homenaxe a Poli. No campionato, que se desenvolverá no campo de fútbol de San Pedro, participarán os equipos do Vilariño, Erizana, Tomiño, A Guía, Pereiró, Atios, Valladares, Gondomar e Coya

O venres celebrarase o VII Torneo Cadete e o sábado a VIII edición do Torneo Infantil, coa fase de grupos de maneira ininterrompida, comezando o primeiro partido ás 9:00 da mañá, e o último ás 17:15 horas. A continuación disputaranse as semifinais, ás 18:00 e 19:00 horas, para xogar a final ás 20:00 horas. As dúas xornadas finalizarán ás 21:00 horas coa entrega de trofeos.

Anuncios