Anuncios
Ticker de novas

O CB Tui e o Baloncesto Base Costa Ártabra, campións do XII Torneo de Minibasket de Baiona

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // O Celta Zorka e o Baloncesto Base Costa Ártabra na final.

Despois de tres días de baloncesto e un total de 74 partidos, este domingo clausurouse o XII Torneo Internacional de Minibasket de Baiona, coa celebración da fase final ou “play- offs”, cos cuartos de final, semifinais e finais, ademais da celebración do Torneo de Consolidación, e a entrega de premios.

O torneo, organizado polo Club Baloncesto Baiona conxuntamente co Concello, reuniu no Pavillón de Deportes e no Pavillón do CPI Covaterreña aos mellores equipos de toda Galicia, así como equipos de Cataluña, Valladolid e Portugal. En total case 400 xogadores e 70 adestradores, aos que hai que engadir os seus familiares e acompañantes ademais dos 15 árbitros oficiais de mesa e os 50 voluntarios que colaboraron no evento.

Os mozos do CB Tui proclamáronse campións despois de derrotar na final masculina ao CB Montrove de Lugo por 61-52, mentres que na feminina as mozas do Celta Zorka de Vigo impuxéronse ao Baloncesto Base Costa Ártabra de Ferrol, cun resultado de 43-37.

Os campións do Trofeo da Deportividade foron o Compañía de María de Santiago de Compostela en categoría masculina e o CB Baiona na feminina. O premio ao mellor xogador recaeu en Hugo Gómez Arias do CB Montrove e Sofía Álvarez Roca do Baloncesto Base Costa Ártabra. Os máximos anotadores do torneo foron Brais García Rodríguez do Estudiantes de Lugo e Nerea Fernández Gil do Seis do Nadal.

Nesta décimo segundo edición participaron un total de 32 equipos, 16 en categoría masculina e 16 en categoría feminina. Os participantes, de categoría alevín, viviron tres días de convivencia a través do baloncesto, nos que se tenta fomentar a tolerancia e reforzar habilidades para relacionarse cos demais, cooperar e afrontar os conflitos de maneira positiva, entre outros.

Na categoría masculina os equipos participantes foron o CB Tui, Estudiantes de Pontevedra, CB Novobasket (Vigo), CB Salesianos (Vigo), CB Porriño, CD Defensores (Cangas), Compañía de María (Santiago), CB Mafra (Portugal), CB Allariz, Estudiantes de Lugo, CB Seis do Nadal (Vigo), Costa Ártabra (Ferrol), CB Montrove (Lugo), CB Depordima (Ourense), CB Marín e CB Baiona.

Na categoría feminina o CB Arxil (Pontevedra), Celta Zorka (Vigo), CB Baiona, CB Salesianos (Vigo), CB Porriño, CB Defensores (Cangas), Carmelitas Ourense, CB Mariano (Vigo), CB Allariz, Estudiantes de Lugo, CB Seis do Nadal (Vigo), Costa Ártabra A (Ferrol), Costa Ártabra B (Ferrol), CB Valladolid, Baloncesto Base Valladolid e Universitario Ferrol.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios