Anuncios
Ticker de novas

Festa da arte en Sabarís

Este domingo a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sabarís (COEMSA) organizou coa colaboración de OVALMI, Castro e Ladeira, o Concello de Baiona e a Comunidade de Montes de Santa Cristina, a décimo primeira edición do Mercado de Arte na Praza de Abastos de Sabarís e a Praza Victoria Cadaval.

O evento, que contou con gran afluencia de público, reuniu máis de 500 obras de pintores, escultores e fotógrafos, que expuxeron e venderon nesta festa da arte, así como un posto de libros de segunda man sobre arte, pintura, escultura e patrimonio. Ademais, desenvolvéronse diferentes actividades ao longo do día dentro dunha Xornada Artística Solidaria de Arte co Queimado a beneficio dos montes de Baiona, todo iso amenizado con música ambiental.

Pola mañá, Irene Silva realizou un obradoiro de escultura para nenos na que participaron esculpindo unha obra e durante boa parte da xornada houbo 8 escultores traballando en vivo creando formas in situ: Bucanero, José Ucha, Pedro Sardiña, Remigio Davila, Rosendo González, Ruth Lodeiro, Víctor Lorenzo e Juan Coruxo. Tamén se realizou unha homenaxe aos pintores de Sabarís: Ana Legido, Armando Guerra, Fernando Quesada e Fino Lorenzo.

Anuncios