Sidonie protagonizará o Concerto Mahou Cinco Estrellas de Vive Nigrán

A segunda edición de Vive Nigrán, que se celebrará no antigo campo de fútbol de Lourido (Praia América) os próximos 20 e 21 de xullo, continúa sumando novas bandas ao seu cartel. Nesta ocasión, a organización do festival anuncia o Concerto Mahou Cinco Estrellas a cargo da banda barcelonesa Sidonie, co que a marca cervexeira consolida o seu patrocinio en Vive Nigrán.

Tras un pequeno descanso despois de El Peor Grupo del Mundo, a xira máis intensa e exitosa da súa carreira, Sidonie volve aos escenarios para celebrar os seus 20 anos de traxectoria. Nigrán acollerá un dos concertos desta xira tan especial, na que recuperarán cancións de todo o seu repertorio, coas que ano tras ano, disco a disco, foron crecendo ata consolidarse como unha banda imprescindible para explicar o actual panorama musical deste país. Pasaron 20 e é indubidable que Sidonie están no seu mellor momento. Ademais, en Vive Nigrán, o indie rock da banda estará acompañado no Escenario Mahou polas diversas propostas musicais de formacións como Mueveloreina, Depedro, Esteban & Manuel, Bigott e Las Odio.

Outras actividades e entradas

O festival continuará apostando por fusionar a música con experiencias ao aire libre: as persoas asistentes terán á súa disposición dende xogos e obradoiros, ata unha gran oferta culinaria a cargo de foodtrucks, un mercadiño, sesións DJ, charlas… Unha infinidade de actividades que debuxan un «picnic pop festival» de cultura creativa, unha filosofía e un estilo de vida para que todos os públicos poidan gozar intensamente Nigrán dende a mañá ata a noite.

Nesta edición, como novidade, Vive Nigrán contará cun Espazo Mahou deseñado especificamente para o evento. Trátase dun punto de encontro no Festival no que se poderá gozar, ademais, de distintas sesións de DJ. Ao longo do fin de semana, Mahou levará a música de Abraham Boba DJ Set (León Benavente) e Sidonie DJ Set.

As persoas interesadas en adquirir as súas entradas xa poden facelo a través da propia web do festival, www.vivenigran.com, gozando dunha oferta coa que se poden adquirir os abonos de dous días por 18 €.

Vive Nigrán é un evento organizado entre Concello de Nigrán e La 10ª Planta, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e Turismo de Galicia, e o patrocinio de Mahou.

Anuncios