Anuncios
Ticker de novas

A Comisión da Virxe do Carme de Praia América organiza o I Festival da Xuventude

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Verbena en Praia América.

A Comisión de Festas da Virxe do Carme de Praia América organiza o I Festival da Xuventude, que se celebrará o venres 6 de abril a partir das 22:00 horas no campo de fútbol de Lourido coa actuación da Banda de Nash, El Tren e o grupo América. O recinto estará cuberto cunha gran carpa.

As entradas anticipadas xa se poden adquirir a un prezo de 5 euros en Costa Serena (Francisca Lago 83, Praia América-Nigrán), Concordia (Concordia 1, Praia América-Nigrán), Nuevo Río Frío (A Pasaxe Parcela 67, Vincios-Gondomar), Siglo XII (Padres Franciscanos 31, San Pedro-Nigrán) e A Fonte (Fraga s/n, Vincios-Gondomar). En despacho de billetes terán un prezo de 7 euros.

Anuncios