Nigrán proxecta a película “Rebecca” de Alfred Hitchcock en versión orixinal subtitulada

O Concello de Nigrán e a Escola Oficial de Idiomas ofrecen mañá xoves 22 de marzo no Auditorio Municipal ás 19:00 horas a proxección da película “Rebecca” en versión orixinal con subtítulos en castelán. A entrada é de balde. Dirixida por Alfred Hitchcock no ano 1940, trátase da súa primeira película rodada en Estados Unidos. Está baseada na novela homónima da escritora británica Daphne du Maurier. Os protagonistas son Joan Fontaine e Laurence Olivier. Gañou dous Óscar, á mellor película e á mellor fotografía en branco e negro, e tivo outras nove candidaturas.