Miles de fieis mostran a súa devoción ao “milagreiro” San Bieito

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión de San Bieito en Gondomar.

Miles de fieis alagan este mércores Gondomar para mostrar a súa devoción ao santo “máis milagreiro”. Veciños e visitantes honran ao San Bieito “de inverno” para pedirlle a súa intercesión ante calquera problema de saúde. Desde as 7:00 da mañá celébranse continuas misas que enchen o templo parroquial durante toda a xornada. A solemne celebrouse ao mediodía, seguida da procesión.

Como di a tradición, os devotos ofrecen aos santo ovos, que se teñen que pedir de casa en casa, xa que non vale compralos, aceite ou exvotos. Os ovos póñense á venda, e o aceite, despois de ser bendicido, distribúese en pequenos frascos e ofrécese aos devotos a cambio da vontade, para aplicalo nas zonas con problemas de pel ou para facer desaparecer verrugas. O que sobra destínase ás familias máis necesitadas.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.