Benestar Social de Gondomar organiza unha excursión pola Ruta Colombina para maiores

FOTO: TURISMO DE PALOS // Muelle de las Carabelas en Palos de la Frontera.

A Concellería de Benestar Social do Concello de Gondomar organiza do 20 ao 26 de maio unha excursión para maiores de 55 anos pola Ruta Colombina, 7 días e 6 noites cun custe de 395€. Visitarán Ayamonte, Isla Cristina, Palos de la Frontera, El Rocío, Huelva, Villa Real de San Antonio, Lepe, Moguer, Punta Umbría e Tavira.

O prezo inclúe viaxe en autocar gran turismo, seguro de viaxe, pensión completa no Hotel Playa Cartaya 4**** (buffet e animación nocturna), guía acompañante e xantar en ruta o primeiro e último día. O prezo non inclúe extras no hotel, suplemento por habitación individual e entradas a monumentos.

Pódese reservar praza entre o 2 e o 30 de abril no Departamento de Benestar Social na Casa da Cultura, teléfono 986 36 01 68. A viaxe só se realizará cun mínimo de 45 persoas. A empresa resérvase o dereito de cambiar a orde do programa da viaxe en beneficio do propio cliente.

Anuncios