Anuncios
Ticker de novas

4 primeiros premios, 19 segundos e 7 terceiros para Giro’s na primeira fase de Anaprode

FOTO: GIRO'S // Unha das coreografías gañadoras dun primeiro premio.

O Grupo de Baile Giro’s do Centro Cultural de Baíña e da Asociación de Veciños A Unión de Matamá conseguiu un total de 30 premios na Primeira Fase do Concurso Nacional de Danza Anaprode, na que participou con 32 bailarinas. O evento celebrouse os días 17 e 18 de marzo no Auditorio da Feira de Valladolid, como fase previa para a Final Nacional que se celebrará en Tarragona a primeiros de maio.

Dos 30 galardóns obtidos, un por cada coreografía presentada, 4 son primeiros premios, 19 segundos e 7 terceiros. As coreografías que conseguiron o primeiro premio participarán na Final que se celebrará do 4 ao 6 de maio no Palau Firal i de Congressos de Tarragona.

Giro’s Baíña preparou os ensaios en Matamá e na Casa da Comunidade de Montes de Baiona, xa que o Centro Cultural continúa pechado. As pequenas viaxaron acompañadas pola súa profesora, Laura Jurado, presidenta da Asociación de Veciños de Matamá, e Pili Rodríguez, presidenta do Centro Cultural de Baíña.

Fusión Grupal Categoría 3
• Piratas – 3º Premio
• Feeling Good – 2º Premio

Dúos Fusión Preparatorio Categorías 1 e 2
• Space Unicorns – 2º Premio
• What A Feeling – 2º Premio
• Somebody That I Used To Know – 2º Premio
• Sign Of Times – 2º Premio

Hip Hop Categoría 2
• Shape Of You – 2º Premio

Jazz Preparatorio Categoría 1 e 4
• Obrigatorio Valeria – 2º Premio
• Obrigatorio Iria – 3º Premio
• Obrigatorio Alba – 2º Premio
• Obrigatorio Emma – 1º Premio
• Issues – 2º Premio

Fusión Grupal Preparatorio
• Let Her Go – 3º Premio
• New York – 2º Premio
• Catch & Relase – 3º Premio
• Mony Mony – 2º Premio

Fusión Preparatorio
• Citta Vuotta – 2º Premio
• 24K Magic – 2º Premio

Fusión Categoría 1
• Show Me You Burlesque – 2º Premio
• Chanderlier – 2º Premio

Clásico Obligatorio
• Elemental 1 – 2º Premio

Fusión Grupal Categoría 1
• ABC – 1º Premio
• That’s My Girl – 2º Premio

Fusión Grupal Categoría 2
• Sorry – 3º Premio
• Stay – 2º Premio

Fusión Categoría 2, 3 e 4
• Girls Just Wanna Have Fun – 3º Premio
• You And I – 2º Premio
• Último Trago – 1º Premio
• Havana – 1º Premio
• I Hate You I Love You – 3º Premio

Anuncios