Tres vitorias e dúas derrotas do Laroca na sexta xornada da liga galega de xadrez

A sexta xornada galega de xadrez deparou tres vitorias para os equipos do Laroca. O representante na primeira división, o Laroca A, derrotou ao equipo ourensán do Verín por 3-1, grazas ás vitorias de Fran e Artai, que ascendía da segunda división, e as táboas de Mireya e Sergio. Con esta vitoria consolídanse na parte alta da clasificación, no cuarto posto e a tan só 2.5 puntos do líder. Este sábado os laroqueiros desprázanse a Marín para enfrontarse ao equipo Grupo Nores Marín B.

Na segunda división derrota no seu desprazamento a Tui do equipo Laroca B por 2.5-1.5 ante o Chiringo Contos Tui, puntos conseguidos grazas á vitoria de Dani e as táboas de Araujo. Con este resultado ascenden ata a sétima posición da táboa clasificatoria, este sábado enfrontaranse en Mallón ao equipo arousán do CXF-Deportes Rodas. O outro representante na categoría, o Laroca C, gañou por 1-3 no seu desprazamento a Vigo ante o Vila de Bouzas B, puntos conseguidos por Lino, Carlos e Antonio. Con este resultado sitúanse no segundo posto da clasificación. Na próxima xornada desprázanse a Vigo para enfrontarse ao equipo da ONCE.

Na terceira división vitoria por 4- -1 do Laroca Mallón ante os guardeses do Albatros D, que o non presentar os catros xogadores se lle puntúa con -1, vitorias de Mauro, Guillermo, Tino y Matías. Con esta vitoria sitúanse no oitavo posto da táboa. O próximo rival, Xadrez Ramiro Sabell Centro Artístico Sportivo de Ponteareas. O Laroca IES Auga da Laxe perdeu por 4-0 no seu desprazamento a Tui, para enfrontarse ao Xadrez Tui. Nada puido facer o equipo formado por Ana, Osian, José Manuel e Xan Carlos. Con esta derrota os laroqueiros baixan ata a quinta posición da táboa. Este sábado enfrontaranse ao equipo do Xadrez Ramiro Sabell Mobialia na sede de Mallón.

Por outra banda o pasado domingo celebrouse no IES Auga da Laxe de Gondomar a fase final da liga de cuarta división Pontevedra sur, entre os oito mellores equipos, na que se proclamou campión o Apóstol, segundo o equipo Bellavista e en terceira posición o Albatros D, quedando na cuarta posición o Laroca promesas Mallón e sexto o Laroca promesas IES Auga da Laxe.