Anuncios
Ticker de novas

A H2K Plaza Nocturna cambia o seu percorrido e disputarase en Praia América

A H2K Plaza Nocturna, a carreira que se disputará o próximo día 24 en Nigrán, cambia o seu percorrido habitual para facela máis atractiva para os deportistas. O prazo de inscrición permanece aberto e espérase unha gran participación, tanto de adultos como de nenos.

A saída para os primeiros será ás oito e media da tarde. Unha hora antes farano os máis pequenos. A saída será desde o Campo das Redes, polo que o trazado será paralelo a Praia América. Isto constitúe un aliciente especial para os participantes.

Os corredores poden elixir entre un percorrido de dez quilómetros ou outro da metade. Os máis novos afrontarán distancias máis curtas. A partir das seis e media terá lugar unha clase de zumba gratuíta. Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán un premio económico.

As inscricións pódense realizar nas webs nigranh2kplaza.com ou en emeSport.es.

Anuncios