
Este venres celebráronse as actuacións dos Grupos Pequenos de patinaxe artística, correspondentes ao XVII Campionato de España de Grupos-Show de Avilés. Tras unha xornada intensa, o CP L’Aldea co seu «Dómame» proclamouse campión de España cunha puntuación xeral de 89,60.
O segundo lugar foi para o PA Maçanet, que ofreceron o espectáculo «Rat Lab», cunha puntuación xeral de 88,70.
Finalmente, o CPA Gondomar completou o podio grazas ao seu «Expediente Alice», que lle valeu un 87,60 xeneral.
Con todo, cabe destacar as actuacións de todos os grupos participantes, que experimentaron grandes melloras como o aumento da súa calidade técnica, ofrecendo programas moi completos e ben resoltos.
As gondomareñas, baixo a dirección de David Figueroa, conseguen así repetir a xesta do pasado ano, cando por primeira vez na historia galega desta modalidade subíronse ao terceiro caixón do podio cunha medalla de bronce que soubo a Ouro. Este posto permitiulles participar no Campionato de Europa e por primeira vez nun Mundial que se celebrou en Nanjing (China), conseguindo un máis que meritorio sexto posto.