Ovalmi traslada a 6ª Feira de Oportunidades “Portobelo” ao domingo 18 de marzo

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) informa que a 6ª Feira de Oportunidades do Val Miñor “Portobelo”, prevista para este domingo 11 de marzo no centro de Gondomar, celebrarase finalmente o domingo 18. No caso de mal tempo, a feira e todas as actividades trasladaranse ao Pavillón de Deportes.

Trátase dunha feira de carácter multisectorial que se celebra coa finalidade de promocionar os comercios da comarca, reforzar o contacto cos clientes habituais, xerar outros novos, así como liquidar stocks dos establecementos. Poderase atopar roupa, calzado, complementos, libros, perfumería, cosmética, barbería, doces, produtos gourmet, enxoval e electrodomésticos.

Ademais, na Alameda, haberá danza moderna ás 12:30 horas a cargo da Escola de Danza A Paradela, unha master class de zumba ás 17:00 horas a cargo da protectora de animais Bai.senpulgas e inchables para os máis pequenos durante todo o día.

Os establecementos interesados en participar deben poñerse en contacto coa Asociación de Empresarios Ovalmi a través do teléfono 986 36 67 30 ou por medio do correo asociacion@ovalmi.com.

Anuncios