O Concello de Gondomar quere apoiar todas as iniciativas que se están levando adiante con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebra o 8 de marzo.
A Concellería de Igualdade, dirixida por Nuria Lameiro, convocan a todas as mulleres de Gondomar a unirse á Folga Xeral deste xoves e secundar as distintas manifestacións e actos que están organizados para ese día, como medidas de concienciación e sensibilización sobre a situación de discriminación das mulleres no ámbito laboral e en todos os ámbitos da sociedade.
Ás 12:00 do mediodía farase unha concentración na Praza do Concello na que se lerá un manifesto por parte das concelleiras da corporación municipal. O lema desta campaña: “O día 8 de marzo se as mulleres paramos, o mundo párase”, deu pé e motivo para que este día non se faga ningún tipo de actividade.
Nas oficinas do CIM, a partir do martes, haberá carteis alusivos a este tema para aqueles que queiran solicitalos e facerse con eles.

