O xurado do concurso “Gondomar, un banco para o mundo” escolle as 10 fotos finalistas

Das 26 fotografías presentadas ao concurso “Gondomar, un banco para o mundo”, o xurado composto polo arquitecto Antonio Soliño, o directivo do IEM Xilberte Manso e o fotógrafo Juan Chamorro, decidiu acotar a 10 o número total de fotografías que pasan á fase de valoración popular, mediante voto telemático. O prazo de votación será ata o 7 de maio.

Tres das fotos corresponden coa Pedra Moura en Borreiros, dúas en Cotos na Serra do Galiñeiro (Morgadáns), dúas do Monte Calvo (Vincios), e as restantes son da Costa do Chosco (Donas), Matalagartos (Peitieiros) e a Paraguda (Peitieiros).

Pódese votar no seguinte enlace: https://pr.easypromosapp.com/entries/821151, onde as fotos están identificadas co seu lugar e parroquia, ademais do seu autor. O sistema de verificación co fin de buscar a máxima transparencia no resultado é rigoroso, co fin procurar un só voto por persoa e está asociado ao Facebook persoal.

Algunhas fotos corresponden ao mesmo lugar, por tanto, os votos recibidos por cada foto dun mesmo lugar, serán sumados e computados para ese emprazamento.

Haberá dúas modalidades de premios: un para a fotografía gañadora, e outro para sorteo entre os votantes. O premio é intransferible e consistirá na entrega dun diploma acreditativo, e unha cea para dúas persoas no restaurante Brado de Gondomar para a fotografía que máis votos acumule e outro, consistente nun teléfono móbil, doado por EXPERT Gondomar, a sortear entre todos os participantes que emitan votos telemáticos.

Captura de pantalla completa 01032018 170139

Anuncios