Anuncios
Ticker de novas

Luís Villares no segundo faladoiro do ciclo “Galicia 2017-2020: presente e futuros”

FOTO: EN MAREA // Luís Villares.

Luís Villares, voceiro do grupo parlamentario En Marea, participará o este venres 2 de marzo ás 20:30 horas no segundo faladoiro do ciclo “Galicia 2017-2020: presente e futuros”, no que tratarase a situación de Galicia respecto de problemáticas do territorio en relación coa Lei de Montes e a Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais”.

O acto será presentado por Xulián Maure Rivas, director do IEM, e moderará a xornada David Reinero, xornalista de Praza Pública. A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.

Anuncios