Anuncios
Ticker de novas

Baiona traslada ao Parador os actos oficiais da Festa da Arribada

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Actos institucionais da Arribada no Parador.

O Parador Conde de Gondomar de Baiona acollerá este venres os actos oficiais do 525 aniversario e de apertura da XXII Festa da Arribada coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e da Presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, entre outros.

Así, ás 17:15 horas, se levará a cabo a recepción de autoridades e invitados e ás 17:30, no Salón Medieval, chegará a quenda de intervencións de autoridades. Posteriormente será o momento da homenaxe ao capitán da carabela La Pinta coa ofrenda de coroas e a interpretación de himnos, para finalizar cos disparos de salvas polos canóns da Fortaleza.

Pola mañá, ás 12:00 do mediodía, na Igrexa de Santa María de Baiona haberá unha Misa Solemne e acto seguido a Ofrenda de Coroas ante a Cruz de Evanxelización de América. Ás 13:00 horas, o Salón de Plenos do Concello acollerá a entrega da distinción honorífica de “Filla Adoptiva de Baiona”a título póstumo a Dª Pilar Pulgar Frade (Exalcaldesa de Palos de la Frontera e primeira alcaldesa nomeada polo Rei Don Juan Carlos I na democracia).

Xa o sábado, ás 11:30 horas, no Paseo da Ribeira, haberá unha visita ás paradas dos pobos irmáns: Palos de la Frontera, Santa Fe, Pornic, Vila do Bispo e Baiona, e ás 12:00 horas celebrarase o Gran Desfile Medieval polo Real Mercado coa participación de toda a animación da Festa da Arribada.

O resto da programación mantense sen ningún cambio. Segundo as previsións meteorolóxicas haberá choivas ocasionais e se concretamente estas prodúcense xusto no momento no que estaba previsto algún espectáculo, este quedará suspendido momentaneamente ata que o tempo permita levalo a bo termo.

Anuncios