Anuncios
Ticker de novas

Inscricións abertas para o I Trail de Orientación Vila de Baiona

O Club Aromon organiza o vindeiro domingo 11 de marzo o I Trail de Orientación Vila de Baiona, que se celebrará nas espectaculares paraxes da Serra da Groba.

Haberá dúas distancias, unha de 19 km con 600 metros de desnivel positivo, e a segunda de 12 km con 400 metros de desnivel positivo, con trofeos para os tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos. Ademais, como alternativa ao Trail, unha Andaina non competitiva de 8 km con 300 metros de desnivel positivo.

A saída das tres probas estará situada en Chan da Lagoa. O Trail Longo de Orientación comezará ás 10:00 da mañá, mentres que o Trail Curto e a Andaina de Orientación iniciaranse 15 minutos máis tarde.

Ao finalizar, todos os participantes recibirán un bocadillo de chourizo quente, e tras a entrega de trofeos haberá sorteo de agasallos.

Para formalizar a inscrición hai que cubrir o formulario e facer o pago na mesma oficina do club ou cun ingreso na conta de ABANCA ES08 2080 5403 4030 4011 8709, enviando o xustificante de pago a aromon@aromon.es.

Máis información en https://aromon.es/ ou en http://fegado.es/.

Anuncios