Anuncios
Ticker de novas

A Deputación aproba a adxudicación do contrato de xestión do programa “En Ruta coa Depo”

FOTO: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación do contrato de xestión, desenvolvemento e execución do programa “En Ruta coa Depo 2018”. “Viajes Halcón S.A. foi a gañadora do procedemento aberto por un importe de 304.800 euros, o que supón un aforro de 55.200 euros respecto ao orzado”. Para este 2018 ofertaranse un total de 20.000 prazas para as 32 rutas coas que se poderán coñecer diferentes lugares da provincia de Pontevedra. No 2017 participaron 17.501 persoas de 410 entidades da provincia. Novamente, nesta edición reservaranse un total de 400 prazas que serán gratuítas para as persoas usuarias, en risco de exclusión social e/ou que acrediten escasos recursos económicos. O resto dos participantes deberán abonar 12 euros.

En Ruta coa Depo ten por obxectivo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia , promovendo a igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional, que antes non podían participar, así como ofrecer alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación xuvenil da nosa provincia e promocionar rutas destinadas ás entidades de nais e pais que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias nas que participen activamente os nenos e nenas. O contido do programa consiste en pasar un día de convivencia pola provincia, mediante acompañamento dun guía que conte coa habilitación de guía de turismo especializado de Galicia e inclúe xantar e trasporte.

Anuncios