A I Homenaxe á Tradición do Val Miñor recoñece aos “Terribles” Suso e Manuel Sousa

A Praza do Concello de Baiona acolleu este sábado a I Homenaxe á Tradición do Val Miñor, un festival que ten como fin principal dar a coñecer e poñer en valor o importante e singular patrimonio cultural da comarca no relativo á música tradicional, organizado polos Concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, coa colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos e a Deputación de Pontevedra. No evento, que comezou cun pasarrúas, participaron os grupos A Seneira, Pandereteiras de Monteboi, Os Terribles de Donas, Cantares do Brión, A.F. Santa Baia de Donas, A.C. Breogán Val Miñor, Tradisón, Os Carunchos e Novos Galiños de Belesar. Ademais, incluíu un recoñecemento a Jesús Sousa Matos e Manuel Sousa Matos, bombeiro e tamborileiro de Os Terribles de Donas, pola súa traxectoria. A próxima edición celebrarase en Gondomar.


El pase de diapositivas requiere JavaScript.