Anuncios
Ticker de novas

Castro e Ladeira cumpre cinco anos demandando un Centro Social en Sabarís

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira celebrou o domingo a súa Asemblea Xeral Ordinaria no salón de actos do Colexio de Sabarís, na que abordaron varios temas e aprobaron as contas anuais do pasado ano.

O tema principal foi a carencia do Centro Social e a pouca vontade do goberno local en facelo. O colectivo leva xa 5 anos pelexando porque se faga, e está canso de falsas promesas. Por tal motivo, acordouse esperar ata outono para ver se o proxecto se leva a cabo, senón tomaranse medidas.

Anuncios