Anuncios
Ticker de novas

Gondomar proxecta “O soño dunha noite de San Xoán” no seu ciclo de cine infantil en galego

Este domingo 29 de xaneiro continúa o ciclo de cine en galego para os máis pequenos da casa organizado pola Concellería de Cultura de Gondomar. Nesta ocasión proxectarase a película de animación “O soño dunha noite de San Xoán”, Premio Goya da Academia Española á mellor película de animación no 2006. A sesión comezará ás 18:00 horas no Auditorio Lois Tobío con entrada gratuíta ata completar o aforo.

Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoán, os humanos poden acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo seu pai, o duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. Mesmo ir na procura de Titania, raíña das fadas. Sen embargo, o Mundo Máxico xa non é o que era, pois malgobérnao o rei Oberón, quen comercia cos feitizos axudado polo trasno Perecho. Baseada na obra de William Shakespeare.

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.