Anuncios
Ticker de novas

O Camping Bayona Playa necesita cubrir 75 postos de traballo para a tempada estival

FOTO: CAMPING BAYONA PLAYA

O Camping Bayona Playa, situado na Praia da Ladeira, presenta a súa oferta de emprego para a tempada estival do 2018. Necesítase persoal para as seguintes modalidades: recepcionistas-administrativos, servizo de limpeza, lavandería, animadores, socorristas da piscina, xardineiros, mantemento, limpeza da praia, dependentas e caixeiras para o supermercado, camareiros, cociñeiros e axudantes de cociña.

Os interesados teñen que entregar o seu currículo con foto no Camping Bayona Playa, na Praia da Ladeira, en Sabarís, Baiona. Teléfono 986 350 035, Fax 986 352 952. Tamén se pode enviar a través do correo electrónico curriculum2017@campingbayona.com.

Anuncios