O colectivo Rexeneración Autóctona Val Miñor planta máis de cen árbores nos montes de Couso

FOTO: REXENERACIÓN FORESTAL AUTÓCTONA VAL MIÑOR // Reforestación en Couso.

Este sábado 17 de febreiro o colectivo Rexeneración Autóctona Val Miñor plantou máis de cen árbores nos montes de Couso, nas ladeiras do Monte do Facho. Unhas trinta persoas se sumaron á plantación na parcela cedida para reforestar con árbores autóctonas que foron achegadas polo colectivo: carballos, castiñeiros, acivros, loureiros, abeleiras…

Desde Rexeneración Autóctona Val Miñor esperan contar co apoio doutras comunidades de Montes do Val Miñor, e informan que o concello de Salceda de Caselas promoveu unha iniciativa para que as comunidades de montes do mesmo coñezan outros xeitos de explotación alternativos ao eucalipto. Xosé Antón Araúxo, presidente da Comunidade de Montes de Couso, acompañou aos representantes a unha visita onde lles explicou as iniciativas que están a levar adiante: plantación de froitos vermellos, planta de produción de sitake e explotación alternativa de madeira.

Neste espazo o Comando Ghichas recolleu tamén sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular na Defensa do Bosque Autóctono e a loita contra os incendios forestais, campaña iniciada o pasado 20 de decembro pola plataforma “Cousa de Raíces” a iniciativa do grupo ecoloxista ADEGA.

Anuncios