Anuncios
Ticker de novas

O CPA Gondomar volve proclamarse campión galego

O Club Patinaxe Artística Gondomar proclamouse este sábado campión galego na categoría de grupos pequenos co seu programa “Expediente Alice”, no XVII Campionato Galego de Grupos Show para Grandes e Pequenos de Patinaxe Artística celebrado no Pavillón Municipal de Santa Isabel en Santiago de Compostela.

As gondomareñas, baixo a dirección de David Figueroa, demostraron a súa forza, disciplina e gran dificultade, brillando e rodando ata o podio como androides de última xeración, revalidando un ano máis o seu título de campioas galegas que lles permitirá participar no Campionato de España que se celebrará en Avilés no mes de marzo.

Organizado nesta ocasión polo Club Deportivo Fontiñas, contou coa participación de 244 patinadoras e patinadores de toda Galicia. Na categoría de Grupos Grandes houbo oito grupos, dous da provincia da Coruña e seis da de Pontevedra. Na categoría de Grupos Pequenos foron doce, cinco deles da provincia da Coruña e sete da de Pontevedra. Durante a mañá leváronse a cabo os adestramentos, para xa pola tarde comezar a competición.

CPA GONDOMAR

Anuncios