Anuncios
Ticker de novas

Ana Pontón no 1º faladoiro do ciclo “Galicia 2017-2020: presente e futuros”

FOTO: BNG // Ana Pontón.

O Instituto de Estudos Miñoráns organiza este venres día 16 de febreiro ás 20:30 horas ao primeiro faladoiro do ciclo “Galicia 2017-2020: presente e futuros” no que intervirá a voceira do grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón.

O acto, que se desenvolverá na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10 baixo, Gondomar), será presentado por Xulián Maure Rivas (Director do IEM) e moderará a xornada David Reinero (Xornalista).

O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto de problemáticas do territorio: Lei de Montes e Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais.

Anuncios