Anuncios
Ticker de novas

O Enterro da Sardiña pecha o Entroido de Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Enterro da Sardiña.

O tradicional Enterro da Sardiña poñerá o broche de ouro á programación de Entroido de Gondomar este mércores, 14 de febreiro, organizado polo Centro Cultural “A Merced” de Chaín. Ás 19:00 horas procederase á lectura da testemuña na Praza do Concello, para a continuación iniciar a procesión de enterro polas principais rúas do casco urbano, para logo indultar ou queimar á sardiña. No caso de choiva trasladarase ao Auditorio Lois Tobío.

Anuncios