O gondomareño Hugo González proclámase campión de España Sub 16 de deportes de inercia

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Hugo González Lameiro na I Baixada de Carrilanas de Gondomar.

O mozo gonomareño Hugo González Lameiro, con tal só 10 anos, proclamouse este fin de semana campión de España Sub 16 de deportes de inercia. Trátase do seu terceiro campionato consecutivo na categoría Pneumática GX, na que o seu pai, Jose Antonio González del Río, conseguiu a medalla de bronce. Ambos os dous son integrantes do equipo Donas Racing.

O Campionato de España de deportes de inercia celebrouse este fin de semana en Pintos, Marcón, por segundo ano consecutivo. O polígono de O Campiño acolleu o inicio do circuíto, de 1,8 quilómetros de percorrido. Contou con preto de 60 vehículos participantes e pilotos chegados de diferentes puntos de Galicia e sobre todo do norte peninsular, como Asturias, Cantabria e País Vasco.