Anuncios
Ticker de novas

Mañufe leva tamén o primeiro premio do concurso de comparsas de Vigo

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // A comparsa de Mañufe do Desfile de Gondomar.

O Concello de Vigo deu a coñecer este mércores o resultado do Concurso de Comparsas e Carrozas do Entroido 2018, celebrado o pasado sábado. O xurado acordou conceder o primeiro premio, dotado con 2.500 euros, á comparsa “Cun As na Manga”, da Asociación de Carnavales de Mañufe.

O segundo premio, de 2.000 euros, recaeu en “As Fofuchas de Bembrive”, da Asociación Os Festeiros de Bembrive, mentres que o terceiro, de 1.500 euros, foi para a comparsa “Visitantes na Rúa”, da Asociación Portonovo na Rúa.

Ademais concedéronse 14 accesits dotados con 500 euros a outras tantas comparsas, entre as que se atopa “Vinciocas e ou seu Chocolate Wonka” da Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios.

Finalmente, o Centro Cultural “A Merced” de Chaín e a súa comparsa “Mar de Neptunia” recibiron unha axuda de 150 euros en compensación de desprazamento.

Anuncios