Anuncios
Ticker de novas

Nigrán recibirá máis de 225.000 € para a contratación de 26 persoas

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a terceira relación de concellos que se van beneficiar das achegas da liña 3, para o fomento do emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, do “Plan Concellos 2018”. Así, tal e como informou a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, Fornelos de Montes, As Neves, Nigrán e Ponte Caldelas son as vilas que van recibir máis de medio millón de euros para a contratación de 65 persoas ao abeiro da liña 3 do “Plan Concellos 2018”.

No caso de Nigrán, a Deputación destina 225.333,96 euros para que o Concello conte con 26 persoas para executar obras públicas, realizar tarefas de albanelería, conserxería e xardinería.

Este ano, a liña 3 do Plan Concellos está dotada de 9.540.000 euros, é dicir, un 2,5% máis que no 2017. Coas achegas aprobadas en Xunta de Goberno para os concellos de Fornelos de Montes, As Neves, Nigrán e Ponte Caldelas, “está distribuída xa o 37,16% da liña 3, é dicir, máis de 3 millóns e medio de euros que están a beneficiar xa a 23 vilas da provincia”, segundo informou a presidenta provincial.

Anuncios