Anuncios
Ticker de novas

A baralla española de Mañufe vence tamén en Gondomar

Este domingo Gondomar celebrou o tradicional Desfile-Concurso de Comparsas e Carrozas de Entroido, co que as rúas do centro enchéronse de colorido e fantasía para deleitar á gran afluencia de público. O actor e modelo Miguel Vázquez foi o encargado do pregón que deu paso ao desfile, no que participaron 14 comparsas chegadas de Gondomar, Nigrán, Vigo e Tomiño, e que estivo presentado pola cantante do Trío Azar.

Así, foron percorrendo a rúa Eduardo Iglesias “Aforo Completo” da Asociación Beirán, “Fantaxeando” de O Millor de Cada Casa, “Las Vegas” de Luces de Tomiño, “Caníbales” do Centro Cultural Parada do Miñor, “A Maxia de Matamá” do Centro Cultural e Recreativo de Matamá, “Vinciocas e ou seu Chocolate Wonka” da Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios, “Western City” do Centro Cultural de Beade, “Chegou, viu e venceu” de A Tropa do Cruxeiro, “Vermesunión” da Asociación de Veciños A Unión de San Pedro da Ramallosa, “Mar de Neptunia” do Centro Cultural “A Merced” de Chaín, “Abran Xogo” da Asociación Comparsa Purpurina, “ Steampunk” de Nautilius, “Os Aldeanos de Fragoselo” e “Cun As na Manga” da Asociación de Carnavales de Mañufe.

Tras a deliberación, amenizada polo Trío Azar, o xurado formado polo alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, Cristian de Samil, actor, transformista e director de escena, Lola Correa, dramaturga e directora de escena, Brenda Vidal, pianista e directora do Conservatorio de Música de Gondomar, Javier Lago, licenciado en arte dramática, José Luis Muñiz, profesor de baile, e Silvia Hermida, maquilladora, perruqueira e estilista, elixiu finalmente as gañadoras.

O primeiro premio, dotado de 900 euros, recaeu na comparsa “Cun As na Manga” da Asociación de Carnavales de Mañufe, con 255 puntos. O Centro Cultural e Recreativo de Matamá e “A Maxia de Matamá” conseguiu o segundo premio, de 700 euros, con 254 puntos. E finalmente, o terceiro premio, de 500 euros, foi para “Steampunk” de Nautilus de San Andrés de Comesaña, e “Vinciocas e ou seu Chocolate Wonka”, da Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios, empatadas a 248 puntos.

As comparsas “Las Vegas” (5º posto con 237 puntos), “Caníbales” (6º posto con 234 puntos), “Mar de Neptunia” (7º posto con 224 puntos), “Fantaxeando” (8º posto con 208 puntos) e “Abran Xogo” (9º posto con 199 puntos) recibiron un premio de 300 euros cada unha. Finalmente, “Chegou, viu e venceu” no décimo posto con 182 puntos, “Vermesunión” con 172 puntos, “Western City” con 170 puntos, “Os Aldeanos de Fragoselo” con 154 puntos e “Aforo Completo” con 148 recibiron sendos premios de 200 euros.

O premio á mellor carroza, de 300 euros, foi para a comparsa “Steampuk” de Nautilius, de San Andrés de Comesaña.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios